Innovación docente:
O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.
Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.
Neste curso escolar ofrécense 45 programas educativos, que poden ser consultados na web de Proxecta
Programas educativos:
- Aulas da Natureza
- Auxiliares de conversa
- Axenda 21 escolar de Galicia
- Climántica
- Escolas viaxeiras
- Escuela 2.0
- Inmersión lingüística
- Intercambios
- Navega con rumbo
- PIALE
- Plan Valora
- Programa do deporte en idade escolar
- Programas europeos e internacionais
- Rutas científicas
- Rutas literarias
- Terra
PROGRAMAS DE LINGUAS ESTRANXEIRAS
https://www.edu.xunta.gal/portal/linguasestranxeiras/
https://docdicblog.wordpress.com/leyes-y-normativas/